Pablo Rey: "Álvaro Rey confía no seu caneo e encara. É complicado de parar e ten gol"
Pablo Rey: "Álvaro Rey confía no seu caneo e encara. É complicado de parar e ten gol"
Afirma que o xogador chega no mellor momento
Concorda coa suspensión da xornada de Terceira
Hoxe pasou por Zona Mixta Pablo Rey para falar da nova fichaxe do Deportivo, Álvaro Rey, co que coincidiu no Racing de Ferrol e que era o seu substituto no campo daquela
Unha fichaxe que chega no momento ideal da súa carreira
Así falaba do seu ex compañeiro: "Cando estaba no Mirandés xa escoitara o interese do Dépor. É unha fichaxe moi boa para o equipo e pode marcar diferenzas. É un xogador moi completo en calquera posición da fronte de ataque, cunha capacidade técnica e un disparo coas dúas pernas moi bos".
Sobre as súas características, comentaba: "Ten gol e incluso pode xogar a perna cambiada. Confía no seu caneo e encara. Para un defensa é moi complicado de tapar. A súa evolución desde que estivo no Rácing foi moi boa. Co físico que ten está no mellor momento da súa carreira".
E incidiu en que "o Deportivo vai levar unha boa alegría con el. Cando Borja Jiménez o leva para alí é porque o coñece ben e sabe o que pode dar".
Axuda tamén para o vestiario branco e azul
Tamén falaba do que pode aportar fóra do campo: "A nivel humano é unha persoa que non vai dar ningún problema, moi profesional e que coñece moi ben o seu papel de colaborar e sumar todo o posible. Vai axudar a crear boa harmonía no vestiario".
A Terceira RFEF e a covid
Tamén falou da situación que afecta ao seu actual equipo, o Somozas, logo da suspensión da xornada desta fin de semana pola pandemia: "Creo que é bo que non se xogue esta fin de semana na Terceira. É unha decisión complicada, pero tamén a situación é complexa coa covid neste momento".