Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Viana, avogado: "Mina debeu de meditar ben a posibilidade dun acordo”

Pablo Viana, avogado: "Mina debeu de meditar ben a posibilidade dun acordo”

G24.gal 04/05/2022 15:30 Última actualización 04/05/2022 15:20

Foi a nova do día, o caso Santi Mina, condenado a 4 anos de cárcere e afastado dos adestramentos do Celta, que lle abriu expediente. En Zona mixta falaron co avogado Pablo Viana para valorar a sentenza e as súas repercusións.

Posibilidade xa perdida de chegar a un acordo antes da sentenza

"Non me sorprende a pena en relación a un abuso. Nestes delitos non hai testemuñas do feito. O exame psicolóxico e as declaracións da vítima son fundamentais nestes casos, cousa que limita a defensa se se cre a testemuña veraz, coherente e datal da vítima"

"Creo que foi un craso erro que non chegase a un acordo antes da sentenza, por moitos cartos que se lle pedisen, porque agora estamos nesta circunstancia, e ao meu ver ten difícil solución. O ingreso en prisión xa non ten sentido: persoa coñecida, distancia á vítima, posibles económicos do xogador. Ata que sexa firme a sentenza non iría a prisión"

Posible despedimento ou rescisión

"O Celta supoño que elaborará un informe e abrir expediente disciplinario que suporía despedimento logo de dar traslado a xogador e AFE, é o que eu faría. Unha vez aberto eu deixaríao en suspenso ata a firmeza. Eu votaría por iso e esperar. O club ten un código, pero a sentenza non é firme"

"Eu non adoptaría ningunha medida, porque a única sería o despedimento, que non sabemos se sería anticipado no tempo para ser declarado procedente ou non. Hai que valorar o que supón para o club, a alarma social, hai moitos matices"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade