Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para Gabri Veiga, Iago Aspas sempre será o mellor

Para Gabri Veiga, Iago Aspas sempre será o mellor

O porriñés recibiu o premio como mellor xogador do mes de xaneiro

Foto @RCCelta
G24.gal 28/02/2023 14:12 Última actualización 28/02/2023 16:57

Gabri Veiga, a sensación céltica da tempada, recibiu o premio como mellor xogador do mes de xaneiro, en votación realizada polos afeccionados do club vigués. No último partido do conxunto de Carlos Carvalhal, contra o Valladolid, o canteirán foi o mellor do equipo con dous goles e unha asistencia.

O centrocampista ten moi claro o futbolista ao que el lle daría o premio:

"Para min Iago Aspas sempre vai ser o mellor, todos os meses. Ten un nivel que non temos ningún e meréceo". O canteirán sorpréndese do seu ascenso meteórico, nos últimos meses:

"Sinceramente, pensei que ía ir máis amodo pero benvido sexa. Tiña moita confianza nesta tempada pero pensaba que ía ir máis aos poucos e acabar entrando. Isto para min é un soño e que non pare".

E volve agradecerlle a afección a ovación que lle tributou este domingo no partido ante o Valladolid, no que fixo dous goles e deu unha asistencia:

"Foi dos momentos máis bonitos da miña vida. É unha afección de dez e un emociónase porque hai pouco tempo estaba do outro lado. É o apoio desta xente tan marabillosa que temos. Seguro que todos xuntos conseguiremos os obxectivos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade