Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paradela volveu celebrar a homenaxe anual a Diego López

Paradela volveu celebrar a homenaxe anual a Diego López

O gardameta lugués abre a porta a continuar en activo e desbota a retirada

G24.gal 16/07/2023 20:24

Máis de trescentas persoas acudiron fielmente á cita que cada ano organiza a Peña Diego López para homenaxear o fillo pródigo de Paradela. Alí estiveron amigos, membros da agrupación, familiares e xente do fútbol da provincia, como o expresidente do C. D. Lugo Xosé Bouso.

Diego López amosouse emocionado polo cariño recibido e asegurou que non pensa, aínda, na retirada.

"Sinto o cariño da miña xente e é un orgullo poder vivir isto, estou moi contento e feliz. Vén xente de Paradela, de fóra de Galicia. É motivo de agradecemento para todos eles. O importante é seguir desfrutando. Estou esperando a ver como evoluciona o mercado de fichaxes, agardando algún proxecto que me guste. Estou tranquilo, no último ano xa vivín un tempo de transición, nun segundo plano. Os anos pasan e estou preparado para calquera tipo de decisión. Non estamos para pechar portas, ten que ser algo que me ilusione".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos