Pechada dez días ao tráfico a avenida das Caldas de Ourense
Pechada dez días ao tráfico a avenida das Caldas de Ourense
Do 7 ao 17 de xaneiro van repoñer o firme
Os comerciantes din que as perdas acumúlanse tras case un ano dende que comezaron as obras
Dende a consellería de Infraestruturas calculan que estarán rematadas en primavera
Pechou ao tráfico en Ourense a avenida das Caldas. Está previsto que as obras para repoñer o firme duren dez días. Pero hai xa un ano que comezou o acondicionamento desta rúa do barrio da Ponte e os comerciantes quéixanse porque din que as perdas que acumulan son grandes.
A demolición do firme e a aplicación dun novo aglomerado completo na avenida das Caldas, obriga a pechala ao tráfico dez días.
As obras de humanización da arteria do barrio ourensán da Ponte comezaron vai para un ano. Os comerciantes reséntense.
A Consellería de Infraestruturas asegura que a obra, incluída nun eixe de mobilidade sostible en Ourense que conectará a estación intermodal e Expourense, rematará na primavera.