Reabre o tránsito peonil na céntrica rúa do Santo André, na Coruña
Reabre o tránsito peonil na céntrica rúa do Santo André, na Coruña
Satisfacción entre veciños e comerciantes
Atrás quedan dez meses de obras, labirintos e pó
A céntrica rúa do Santo André, na Coruña, volve lucir animada. "Agora xa se pode pasear por aquí (....) Agora parece Pontevedra con esta zona peonil", comentaban os veciños.
E iso agradéceno os comerciantes: "Nótase a afluencia de público, agora o que falta é que entren nas tendas".
Atrás quedan os labirintos e o po. Dez meses de obras de renovación que complicaron, e moito, o acceso ás vivendas e comercios: "Isto era un inferno".
Unha situación que afectou ás vendas do pequeno comercio. "Baixaron moito. Non digo o cen por cento, pero un oitenta alto".
Porén, desde a pasada fin de semana, coa apertura de toda a rúa para os peóns, os comerciantes xa aproveitan a afluencia de transeúntes. "Agora xa veñen mirar e esperemos que se animen a mercar".
Polo momento, só os peóns poderán gozar da rúa do Santo André. E, de se cumpriren os prazos, os vehículos poderán facelo nun par de meses.