Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez amplía a súa querela contra o xuíz Peinado por "conculcar a doutrina" na causa da súa muller

Pedro Sánchez amplía a súa querela contra o xuíz Peinado por "conculcar a doutrina" na causa da súa muller

O xuíz sostén que poden deducirse conclusións do silencio do presidente na Moncloa

Pedro Sánchez acolleuse ao seu dereito a non declarar sobre a súa muller
G24.gal 31/08/2024 12:32

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ampliou a súa querela contra o xuíz Juan Carlos Peinado, segundo revela un xornal madrileño.

O diario El País di que a avogacía do Estado solicitou antonte, no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, a ampliación da querela por prevaricación contra o xuíz Juan Carlos Peinado, que investiga á muller de Pedro Sánchez por tráfico de influencias e corrupción.

A avogacía do Estado di que o xuíz fai interpretacións forzadas

A avogacía do Estado considera que o xuíz fai interpretacións forzadas e artificiosas ao soster que se poden sacar conclusións do silencio de Pedro Sánchez, que se acolleu ao seu dereito a non declarar contra a súa muller cando o xuíz Peinado visitou a Moncloa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade