Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez anuncia 1.300 millóns de euros para reforzar a Formación Profesional

Pedro Sánchez anuncia 1.300 millóns de euros para reforzar a Formación Profesional

Esa dotación ten como obxectivo mellorar a formación bilingüe, a capacitación dixital e as estratexias de emprendemento na FP

Sánchez sinalou que a lei de vivenda defende un dereito fronte a outras alternativas que buscan o "pelotazo" urbanístico.

G24.gal 29/04/2023 14:27 Última actualización 29/04/2023 15:38

Pedro Sánchez está de precampaña en Navarra e volveu facer un anuncio na liña das últimas semanas. O Consello de Ministros do martes virá con novidades: máis cartos destinados á formación profesional, porque para Sánchez este ámbito educativo é fundamental para reducir o paro entre a mocidade.

"Imos aprobar 1.300 millóns de euros para reforzar aínda máis a formación profesional no noso país. Para que? Ímolo facer para aumentar en 45.000 as aulas de formación profesional bilingüe; ímolo facer para que haxa 824 centros máis de capacitación dixital".

O líder dos socialistas insistiu en que van cumprir coa lei de vivenda e lembrou que o obxectivo é construír 183.000 vivendas protexidas en cinco anos.

Criticou o PP no tema de Doñana e ademais insistiu en que a dereita se opón ao progreso que vén determinado polas conquistas sociais:

"Que nos están dicindo a nós cando aprobamos a lei de vivenda ou revalorizamos as pensións e, por tanto, reconstruímos o pacto de Toledo, ou cando aprobamos a reforma laboral, ou cando aprobamos a lei de eutanasia? O futuro vainos volver dar a razón e o futuro, por suposto, vai volver poñer a dereita onde sempre".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade