Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez anuncia 4.000 novas prazas de FP vinculadas ás enerxías renovables

Pedro Sánchez anuncia 4.000 novas prazas de FP vinculadas ás enerxías renovables

O presidente do Goberno inaugurou en Madrid a Conferencia Internacional sobre Enerxías Renovables Spirec 2023

G24.gal 20/02/2023 15:15

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a creación no presente ano de 4.000 prazas de formación profesional vinculadas ás enerxías renovables. Unha decisión que enmarca na aspiración de España de liderar este sector.

Sánchez fixo este anuncio na súa intervención na apertura da Conferencia Internacional sobre Enerxías Renovables Spirec 2023. 

O xefe do Executivo destacou o impacto da transición enerxética na creación de emprego de calidade: 

"Máis de 100.000 empregos dependen xa das enerxías renovables en España, e calcúlase que poderían chegar a medio millón na próxima década. E imos impulsalo creando 20.000 prazas vinculadas ás renovables na Formación Profesional, e quero anunciar que este ano crearemos 4.000 prazas máis".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade