Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez atribúe o pacto sobre os salarios á paz social que fomenta o Goberno

Pedro Sánchez atribúe o pacto sobre os salarios á paz social que fomenta o Goberno

O presidente do Goberno anuncia un investimento de 560 millóns para reforzas a educación pública

Pedro Sánchez nun mítin en Alacante este venres
G24.gal 05/05/2023 20:36 Última actualización 05/05/2023 20:47

O presidente do Goberno referiuse ao pacto para a suba dos salarios nun acto de precampaña en Alacante.

Pedro Sánchez atribúese parte do mérito dese acordo, porque di que é mérito do Goberno conseguir que en España haxa entendemento entre patronal e sindicatos.

E, asegura o líder do PSOE, que é grazas a esa paz social que España avanza.

"Temos que preguntarnos por que en España hai máis paz social que na maior parte dos países da Unión Europea. Porque o Goberno recuperou o diálogo social que outros gobernos anteriores tiraron ao lixo. E grazas a ese diálogo social España avanza", dixo Sánchez.

Nese acto de Alacante, o presidente do Goberno anunciou que o próximo martes o Consello de Ministros vai aprobar unha partida de 560 millóns de euros para mellorar a calidade da educación pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade