Sánchez agradécelles a súa "abnegación e entrega" aos case 11 mil militares no exterior
Sánchez agradécelles a súa "abnegación e entrega" aos case 11 mil militares no exterior
O presidente do Goberno dixo que vai visitar unha base española fóra das nosas fronteiras
Os xefes dos 10781 militares españois destacados no estranxeiro, e que pasarán estas festas en países ou zonas en conflito, participaron na tradicional videoconferencia coa que o Goberno lles agradece o seu sacrificio e lles felicita as festas. O presidente Pedro Sánchez dixo que pronto visitará unhas das misións, sen concretar cal das dezasete.
A ministra de Defensa e o xefe do Estado Maior tamén participaron na videoconferencia
Pedro Sánchez estivo acompañado pola ministra de Defensa e o xefe do Estado Maior, encargado de dar paso aos xefes das distintas misións no estranxeiro, algunhas das cales expresou con humor a dificultade de celebrar o Nadal nunha base norteamericana en Iraq.
O presidente do Goberno lembrou os 189 militares falecidos en misións no estranxeiro
O presidente do Goberno lembrou os 189 militares españois falecidos nos 33 anos de misións no estranxeiro. Pedro Sánchez dixo que a guerra de Ucraína era a consecuencia dunha inxustificable agresión de Putin. O mandatario español rematou desexando que 2023 sexa o ano da paz.