Pello Bilbao gaña no Tour e rompe unha serie de cinco anos sen vitorias españolas
Pello Bilbao gaña no Tour e rompe unha serie de cinco anos sen vitorias españolas
Impúxose na escapada do día e colocouse como quinto da clasificación xeral
Cen etapas despois da última vitoria española no Tour, lograda en 2018 por Omar Fraile, Pello Bilbao rematou coa seca cun emocionante triunfo na 10.ª etapa disputada entre Vulcania e Issoire de 167 km.
Bilbao foi o máis rápido entre os cinco corredores que xogaron o triunfo en Issoire. O vasco estreou o seu palmarés no Tour de Francia nun esprinte co alemán Zimmermann e o australiano O'Connor. Bilbao dedicoulle o triunfo ao seu compañeiro, o suizo Gino Mader, que hai unhas semanas falecía nunha etapa da Volta a Suiza.
Vingegaard mantivo a camisola amarela, seguido por Pogacar a 17 segundos e Hindley a 2,40. Cuarto e quinto son dous españois, Carlos Rodríguez e Pello Bilbao, que agora se pon a 4,35 do líder.