Teixeira confía en Pogacar para gañar o Tour
Teixeira confía en Pogacar para gañar o Tour
O Tour de Francia chega ao seu ecuador con todo por decidir
Vingegaard vence na última etapa e loitará ata o final polo maillot amarelo
O membro do persoal técnico do UAE Team Emirates, José Teixeira, comenta esta edición do Tour de Francia, á que considera como unha das máis estratéxicas:
"O traballo de Jorgenson e Laporte salvoulle o pelexo a Vingegaard dous días consecutivos"
Axudado polo seus compañeiros do Visma Team, Jonas Vingegaard foi de menos a máis na proba. O ciclista dinamarqués acaba de gañar a última etapa e non lle porá a Pogacar as cousas doadas. Ata agora, o corredor do UAE firmou unha gran tempada. O esloveno chegou a Francia en plena forma tras gañar o Giro d'Italia e parece esquecer os problemas coas lesións que tivo o ano pasado:
"Cos resultados acadados neste ano, pódese dicir que a lesión está esquecida"
Para Teixeira, Pogacar é un gran corredor, pero non debe durmir nos loureiros:
"Ten un talento excpecional, pero hai rivais que lle poden complicar a vida, e xa o fixeron"
O exciclista galego tamén destaca a histórica rivalidade que se está a crear entre Pogacar e Vingegaard e o desexo do ciclista do UAE por gañar a proba:
"Ten gañas de resarcirse dos dous últimos anos"
Corren bos tempos para o ciclismo internacional.