Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jonas Vingegaard consegue o seu segundo Tour consecutivo nos Campos Elisios

Jonas Vingegaard consegue o seu segundo Tour consecutivo nos Campos Elisios

Jordi Meeus fíxose co último e prestixioso esprinte

Carlos Rodríguez remata de quinto e Pello Bilbao de sexto

Foto: EFE
G24.gal 23/07/2023 20:14

Rematou o Tour de Francia co tradicional e tranquilo paseo polos Campos Elisios, nunha última etapa en que se volveu mover Pogacar, nada conforme co seu segundo posto final. Era un ataque anecdótico, que plasmaba unha vez máis a combatividade do esloveno, xa que os máis de sete minutos cos que chegaba Vingegaard aseguraban o segundo triunfo consecutivo do dinamarqués.

Vingegaard e Pogacar quedan agora igualados con dúas vitorias no palmarés, escenificando a gran rivalidade dos últimos tempos no ciclismo.

A etapa gañouna ao esprinte o belga Jordi Meeus, que sorprendeu chegando desde atrás aos seus rivais. Foi un Tour especialmente bo para o ciclismo español, con atra tres vitorias de etapa e Carlos Rodríguez e Pello Bilbao no top 10. Remataron no quinto e no sexto posto da xeral, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar