Matej Mohoric gaña ao esprinte a penúltima etapa do Tour
Matej Mohoric gaña ao esprinte a penúltima etapa do Tour
Fixo falta a foto de chegada para coñecer o vencedor da etapa
O esloveno Matej Mohoric impúxose este venres na décimo novena etapa do Tour de Francia, con final en Poligny, nun apertado esprinte con dous compañeiros de fuxida, o danés Kasper Asgreen e o australiano Ben Ou'Connor.
Fixo falta a foto de chegada para coñecer o vencedor da etapa, polo apertada que foi a entrada en meta con Asgrieen, que por milímetros non repetiu o triunfo da véspera en Bourg-en-Bresse.
Ambos, xunto a Ou'Connor, atacaron no tramo final escapando dunha fuga que conseguira unha renda de máis de 8 minutos co pelotón e na que estaban algúns dos principais esprinters, como o belga Jasper Philipsen, que non puido optar a unha quinta vitoria no Tour.
🤪🤏#TDF2023 pic.twitter.com/Dy8Indt04q
— Tour de France ES (@letour_es) July 21, 2023