Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden dezaoito meses de cadea para Castillo

Piden dezaoito meses de cadea para Castillo

A fiscalía acusa o expresidente do Perú de rebelión

Seguen as protestas na rúa en apoio a Castillo e pedindo eleccións

O ministro de Defensa anuncia a declaración de emerxencia na rede viaria

 

G24.gal 14/12/2022 07:18

Este mércores é o último día de prisión preliminar de Pedro Castillo; a xustiza peruana aprobou o proceso contra o expresidente do país por rebelión. Segundo a axencia EFE, a Fiscalía pide para el 18 meses de prisión preventiva. 

Dina Boluarte nega as acusacións de usurpadora vertidas tanto polo seu predecesor como polos manifestantes que tomaron as rúas peruanas dende a deposición de Castillo logo de que este tentase disolver o Congreso e establecer un goberno de emerxencia nacional.

No marco destas protestas que piden o adianto electoral e pechar o Congreso morreron sete persoas. O ministro de defensa anunciou que se declarará en emerxencia a rede viaria e as forzas armadas protexerán os puntos estratéxico do país.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade