Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden que se bote abaixo un lavadoiro situado na parroquia viguesa de Teis

Piden que se bote abaixo un lavadoiro situado na parroquia viguesa de Teis

É un foco de consumo de drogas e vandalismo

G24.gal 10/01/2025 13:56

Os veciños do barrio de Santa Trega, na parroquia viguesa de Teis, queren que boten abaixo un vello lavadoiro que apenas ten uso e é foco de constantes problemas. Úsase para consumir droga, para facer botellón e os máis cativos toman alí bebidas enerxéticas e logo botan as latas nas vivendas próximas.

Consideran que non ten valor patrimonial e que hai billas que xa non ten. Quitáronse para que os vándalos non deixasen a auga manando moitas noites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar