Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pilar Alegría afirma que Núñez Feijóo fai política de oposición "como polo sen cabeza"

Pilar Alegría afirma que Núñez Feijóo fai política de oposición "como polo sen cabeza"

A voceira do Goberno e nova secretaria xeral do PSOE en Aragón participou nun acto de partido en Zaragoza

Pilar Alegría, este sábado en Zaragoza
G24.gal 08/02/2025 16:46

A voceira do Goberno e nova secretaria xeral do PSOE en Aragón, Pilar Alegría, acusou o presidente a Núñez Feijóo de ser un líder minguante, de estar abonado á crispación e de actuar como "polo sen cabeza".

Nun acto do partido celebrado en Zaragoza, Pilar Alegría referiuse ao cumio da ultradereita que se está celebrando en Madrid e afirmou que o PP e Vox son o mesmo.

"Eles chámanse patriotas pero o seu patriotismo é de pacotilla, o seu lema son tres palabras, "todo pola pasta". E estes patriotas son os socios dese líder minguante que se chama Núñez Feijóo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade