Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ministro Bolaños, sorprendido pola citación para declarar como testemuña no caso Begoña Gómez

O ministro Bolaños, sorprendido pola citación para declarar como testemuña no caso Begoña Gómez

Con todo, di que acudirá encantado e que intentará ser útil para a investigación

O PP reprochoulle no Senado que pertenza a un Goberno "enlamado pola corrupción"

O ministro de Presidencia este martes no Senado/EFE
G24.gal 11/03/2025 19:52 Última actualización 11/03/2025 20:15

O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, amosouse sorprendido pola citación do xuíz Peinado para declarar como testemuña no caso Begoña Gómez. Así e todo, asegurou que acudirá encantado e que intentará ser útil para a investigación co seu testimonio.

O PP acusouno de pertencer a un Goberno, din, enlamado pola corrupción.

 "Amnistía, indultos, sedición, condonación da débeda, todos son pagamentos de corrupción política para mercar tempo na Moncloa. O sanchismo tamén está enlamado na corrupción económica, por exemplo, coas corruptelas da familia de Sánchez. De feito, señor ministro, chamárono a declarar", di Alicia García, senadora do PP.

"Vexo que unha citación como testemuña, xa que non se me acusa de nada, parécelle unha deshonra. Pois para min é unha oportunidade para colaborar coa xustiza e, na medida das miñas posibilidades, achegar algo a esa investigación. Supoño que lle pareceu igual de deshonroso que Aznar e Rajoy tiveran que declarar no seu día como testemuñas nun caso de corrupción de verdade", responde o ministro de Presidencia, Félix Bolaños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade