Cargando resultados...
Poderá sobrevivir o Deportivo á ausencia dos seus goleadores?
Poderá sobrevivir o Deportivo á ausencia dos seus goleadores?
Entre Quiles e Lucas Pérez suman 23 goles
Svensson, Zalazar ou Arturo non parecen recambios de garantías
G24.gal
09/05/2023 21:16
Alberto Quiles, quince goles. Lucas Pérez, oito dende xaneiro. O Deportivo perde os dous homes que fabrican a metade dos seus goles cando se decide todo. Futbolisticamente, case un drama. Poden Kuki Zalazar, Svensson e Arturo tapar esa fenda? Segundo Traba: "Non poden, por un tema físico e de calidade invididual".
O analista da Radio Galega considera: "Un equipo sempre vai notar a ausencia de dous xogadores desta categoría". Para Tito Ramallo non só forman parte Lucas e Quiles da consecución de goles, "tamén o fan na creación de xogo".