Cargando resultados...
Póker de Dava Torres na goleada (10-0) do Liceo
G24.gal
12/12/2021 11:41
O Liceo mallou no Alcobendas ao que derrotou por un contundente 10-0 cun póker do capitán Dava Torres. A superioridade liceísta foi manifesta desde o primeiro minuto cun temperán gol de Adroher. Logo comezaría o recital de Dava que marcou os catro goles antes do descanso ao que se chegou con 6-0.
Na segunda metade Juan Copa dosificou moito os minutos. Ao final 10-0 con catro de Dava, dous de Adroher e Álex Rodríguez e cadanseu gol de Burgaya e Marc Grau.