Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica en Italia por unha sentenza que considera que apalpar dez segundos non é delito

Polémica en Italia por unha sentenza que considera que apalpar dez segundos non é delito

A sentenza desatou o debate e xerou unha tendencia viral en redes como TikTok ou Instagram

A dununcia púxooa unha rapaza de 17 anos contra o conserxe do instituto de 66 anos

Afirma que mesmo a tocou por debaixo da roupa interior

G24.gal 14/07/2023 08:26

O Tribunal de Roma absolveu o conserxe dun instituto da acusación de apalpar as nádegas dunha alumna dado que considera que facelo durante menos de dez segundos non é delito, o cal desatou a polémica, especialmente nas redes sociais.

Os feitos ocorreron en abril de 2022, cando un conserxe de 66 anos do Instituto de Secundaria Roberto Rossellini de Roma tocou as nádegas a unha alumna de 17 anos mentres subían unhas escaleiras, o cal acabou nunha denuncia por abuso sexual contra o traballador.

A V Sección Penal do tribunal romano alegou que a apalpada durou entre "cinco e dez segundos", non foi froito da insistencia e foi case "un rozamento" sen intención "concupiscente".

A sentenza desatou o debate e xerou unha tendencia viral en redes como TikTok ou Instagram, cuxos usuarios italianos están a gravarse tocando peitos ou nádegas durante dez segundos para demostrar o que dá de si ese tempo.

A Rede de Estudantes de Secundaria da rexión do Lacio manifestouse diante o instituto e, nun comunicado, reivindicou que iso "non é unha broma" e cualificou de inaceptable que nin sequera nas escolas se podan sentir protexidas.

Tamén se sumaron ás protestas un grupo de deputadas do opositor Partido Demócrata (PD), que apreciaron a mobilización nas redes dos estudantes e apostaron por "educar en igualdade" os traballadores para "sacar a Italia do medievo cultural".

Así mesmo lanzouse unha recollida de sinaturas a través da plataforma Change.org para pedir a revisión da sentenza que xa suma case 40.000 apoios.

Na petición afírmase que o home chegou mesmo a meter as mans por baixo da roupa interior da menor.

"Consideramos inaceptable que, despois de que a rapariga se atreveu a denunciar, fiándose do Estado para defenderse dun acto totalmente carente de consentimento, este desatendese a súa petición. É urxente que esta sentenza sexa revisada e que este caso non se esqueza", lese na mencionada plataforma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade