Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra acollerá unha proba da Copa do Mundo de tríatlon de 2022

Pontevedra acollerá unha proba da Copa do Mundo de tríatlon de 2022

Será a fin de semana do 23 e 24 de xullo

O evento servirá como proba para as Finais do Campionato do Mundo de Tríatlon de 2023

G24.gal 07/02/2022 15:50

Pontevedra acollerá unha proba da Copa do Mundo de tríatlon de 2022 a fin de semana do 23 e 24 de xullo que servirá como proba válida para as Finais do Campionato do Mundo de tríatlon 2023, que celebrará tamén a cidade galega, confirmou este luns a Federación Internacional de Atletismo (World Triathlon).

"Estamos encantados de que Pontevedra, que demostrou ser un fantástico anfitrión de múltiples deportes no calendario mundial de tríatlon, reciba agora a a algúns dos mellores triatletas do mundo na Copa do Mundo de Tríatlon deste ano, un escenario perfecto para conseguir que os equipos estean listos para as Finais do Mundial en 2023", explicou a presidenta de World Triathlon e membro do Comité Olímpico Internacional (COI), Marisol Casado.

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou:

"A cidade está "lista para recibir aos mellores triatletas do mundo". "Os pontevedreses son moi coñecidos por gozar do tríatlon e saír á rúa para animar a todos. Estou seguro de que será un evento perfecto para todos, e os pontevedreses volverán ser perfectos anfitrións para a Copa do Mundo deste ano primeiro e logo para as esperadas Finais do Mundial 2023. Estes dous eventos demostran o verdadeiro compromiso desta cidade co deporte"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar