Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuspir e ouriñar na rúa en Pontevedra poderá supor multas de ata 750 euros

Cuspir e ouriñar na rúa en Pontevedra poderá supor multas de ata 750 euros

A cidade do Lérez súmase á persecución de condutas incívicas na vía pública coa súa nova ordenanza de residuos

A norma contempla tamén a conduta dos donos de mascotas, que son responsables de limpar os seus residuos

Tamén serán sancionados os propietarios de mascotas que non recollan os excrementos
G24.gal 23/09/2024 15:22 Última actualización 23/09/2024 16:30

A nova ordenanza de residuos do concello de Pontevedra vai incluír sancións por ouriñar ou cuspir na vía pública. As multas poden chegar ata os 750 euros.

Pontevedra quere lucir limpa, e por iso fai un chamamento á cidadanía. Pero como non todos cumpren toca botar man de ordenanza e de multas. Vaise prohibir entre outras condutas cuspir na vía pública

Cuspir, ouriñar, tirar calquera residuo ao chan e mover contedores son motivo de sanción, que pode chegar ata os 750 euros.

"700 euros paréceme un pouco esaxerado pero que se multen por esas cousas paréceme ben", comentan na rúa.

"Fai falla concienciar un pouquiño a xente de que a beirarrúa non é unha papeleira", comentan na rúa.

A norma tamén contempla as condutas das mascotas, das que son responsables os seus propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade