Cargando resultados...
Pontón pide mobilizarse ante un PP que "quere acabar co galego"
A voceira do BNG acusa o PP de querer reducir o galego a "unha lingua de uso residual"
G24.gal
08/02/2025 16:53
Ana Pontón pide mobilizarse ante un goberno "que quere acabar co galego", segundo ela, ata reducilo a unha lingua de uso residual.
No encontro 'Gañar o futuro para a lingua galega', Pontón fixo un chamamento á sociedade galega a defender o idioma ante "a persecución sistemática" que cre que realiza o Partido Popular.
A situación actual é, para Pontón, de "emerxencia lingüística" cunha nova caída de falantes, pois considera que a Xunta busca "o monolingüismo en castelán".
A voceira do BNG propón pactar un novo decreto do galego no ensino para o próximo curso.