Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente
Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente
Portugal desmárcase do plan de Pedro Sánchez para recoñecer o Estado de Palestina de maneira urxente
O primeiro ministro luso di que a decisión debe tomarse por consenso dentro da Unión Europea e de Nacións Unidas
Luís Montenegro confirma que manterá todos os proxectos ferroviarios pendentes na súa primeira visita oficial a España
Pedro Sánchez mantén o seu plan de recoñecer o Estado palestino de maneira urxente malia a escalada de tensión entre Irán e Israel.
O Goberno portugués desmárcase da proposta. O primeiro ministro luso di que a decisión ten que ser multilateral e require o máximo consenso.
"Nós non imos tan lonxe coma outros gobernos porque pensamos que o recoñecemento do Estado de Palestina ten que facerse desde unha base multilateral, no seo da Unión Europea e das Nacións Unidas", afirma Luís Montenegro.
Pedro Sánchez mantén a súa idea: "Estamos falando con distintos estados da Unión Europea e de fóra da Unión Europea para que sexamos uns cantos os que tomemos o paso de maneira conxunta. Pero en todo caso o Goberno de España vai dar ese paso, porque consideramos que é o xusto", di.
Sánchez recibiu na Moncloa o primeiro ministro luso na súa primeira visita oficial a España. Ambos ratificaron a alianza ibérica ante a Unión Europea, comprometéronse a reforzar as conexións históricas entre os dous países e a manter todos os compromisos que o Goberno español tiña asinados co anterior executivo de António Costa. Entre eles, as conexións ferroviarias pendentes entre Portugal e Galicia.
Ambos os gobernos prevén retomar os cumios bilaterais anuais na segunda quincena do próximo mes de outubro.