Presentación de seis caras novas no Racing
Presentación de seis caras novas no Racing
Na tenda do club estiveron Nacho Sánchez, Josep Señé, Iker Losada, Emilio Bernad, Víctor Moya, 'Chuca' e Joaquín Delmás
Demorábanse as presentacións do Racing de Ferrol, pero dunha tacada, o club presentou seis xogadores. A gran novidade desta presentación é que se fixo na tenda do club, debido ás obras que se están realizando no estadio da Malata que imposibilita a opción de utilizar a sala de prensa que está a ser remodelada. Os futbolistas senten motivados e ilusionados coa aposta que está a facer o Racing de Ferrol na súa volta á categoría de prata quince anos despois.
Na tenda do club estiveron Nacho Sánchez, Josep Señé, Iker Losada, Emilio Bernad, Víctor Moya 'Chuca' e Joaquín Delmás. Apenas levan unhas semanas en Ferrol e as sensacións no equipo son moi boas.