Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paloma Castro presenta os avais para liderar o PSdeG de Pontevedra

Paloma Castro presenta os avais para liderar o PSdeG de Pontevedra

Nas catro provincias haberá primarias 

Enfróntanse candidatos afíns a Caballero e Formoso

G24.gal 03/01/2022 14:38

Paloma Castro, afín a Gonzalo Caballero, entregou este luns os seus avais para a súa candidatura a liderar o PSdeG en Pontevedra. Lembrou que nas primarias galegas a corrente á que representan, con Gonzalo Caballero, logrou o 64 % dos votos na provincia

Tamén o actual secretario xeral do partido na provincia, David Regades, presentou os seus avais e lembrou que hai catro anos venceu á candidatura que apoiaba Gonzalo Caballero, mesmo cando acababa de gañar as primarias.

Regades lembrou os bos resultados do partido na provincia, algo que segundo Gonzalo Caballero se produciu co seu proxecto.

Menos opcións semella que ten Francisco Barreiro, que tamén manifestara a súa intención de liderar o partido en Pontevedra.

Nas catro provincias galegas haberá primarias. A deputada Noa Díaz, afín a Caballero, enfrontarase por liderar a dirección provincial do PSdeG na Coruña ao alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, que traballou na directiva xunto a Formoso. En Ourense, dispútanse a secretaría o alcalde do Barco de Valdeorras contra o actual secretario provincial, afín a Caballero. Mentres que en Lugo, a elección está entre o presidente da Deputación e o alcalde de Castroverde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade