Problemas para conseguir amoxicilina pediátrica, un dos antibióticos máis receitados
Problemas para conseguir amoxicilina pediátrica, un dos antibióticos máis receitados
O aumento de infeccións respiratorias nos nenos disparou a demanda
Os farmacéuticos piden calma porque existen alternativas terapéuticas dispoñibles
Non queda amoxicilina pediátrica, nin aquí nin na práctica totalidade das farmacias galegas. O pico de infeccións respiratorias infantís tras a retirada das máscaras nos colexios disparou a demanda deste antibiótico de uso común.
"Na distribución existen a contagotas, o desabastecemento se producirá de xeito radical en cuestión de días" explica Sara Catrain, presidenta do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.
Malia todo, os farmacéticos fan un chamamento á calma porque existen outros antibióticos similares no mercado para atallar as bronquites, as pneumonías e demais infeccións bacterianas nos nenos.
"Os pais poden estar tranquilos porque existen alternativas terapeúticas para iso. A incomodidade é que os pais terán que regresar ao centro de saúde, moi saturado, para pedirlle ao pediatra que cambie a prescrición", aclara a presidenta do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.
Ata o día 30 deste mes non está previsto que entre unha nova remesa de amoxicilina na distribución. Así que moitos pais terán que volver ao pediatra para cambiar a receita por algún medicamento alternativo.