Protestas nas inmediacións do Congreso contra a investidura de Pedro Sánchez

A Delegación do Goberno en Madrid di que non se xuntaron máis de 500 persoas en ningún momento do día

Protestas sesión de investidura
G24.gal 15/11/2023 20:27

O perímetro de seguridade impedíalles achegarse ás portas do Congreso, blindado cun dispositivo especial con máis de 1.600 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil. Pero non faltaron as protestas contra a investidura de Sánchez polos pactos cos independentistas.

"Hai que estar aquí, porque están vendendo a nación por sete votos". "Nada de indultos nin nada de amnistías entre políticos", dicían os manifestantes.

Sen incidentes e sen grande afluencia en ningún momento do día, varios grupos de persoas mantivéronse nas inmediacións do Congreso. A Delegación do Goberno en Madrid di que non superaron as 500.

"Non podemos calar, non hai que calar nunca". "Son unha persoa de esquerdas, pero veño denunciar que o PSOE está chego de prófugos que se presentaron cun ideario e o cambiaron polo seu propio interese".

Houbo berros contra Pedro Sánchez, contra Puigdemont, contra a prensa e tamén chamamentos á folga xeral. 

Para este xoves hai convocadas tamén protestas ás portas do Congreso. E seguen en pé as concentracións diarias diante da sede do PSOE en Ferraz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade