Publicador de contidos
Publicador de contidos

Provedores galegos de compoñentes automobilísticos e Xunta piden fondos ao Goberno central

Provedores galegos de compoñentes automobilísticos e Xunta piden fondos ao Goberno central

A Xunta facilitará 18 millóns de euros nunha liña de axudas para o sector

Reunión da Xunta con CEAGA
G24.gal 31/05/2024 16:27

A presidenta da Agrupación industrial da Automoción de Galicia (CEAGA), Patricia Moreira, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, coincidiron este venres na necesidade de que o Goberno central os inclúa nos PERTE porque "non só os grandes construtores fabrican coches" e esa industria na comunidade autónoma dá traballo a 18.000 persoas.

Xunta e CEAGA reuníronse en Vigo e a presidenta da agrupación industrial recoñeceu que están "a vivir tempos moi convulsos".

"Dar prioridade o baixo custo, están a vir os compoñentes de países 'baixo custo' e debemos estar todos unidos e tratar de manter a maior porcentaxe de empregos na nosa rexión, algo que pasa por ser competitivos. En España temos diferentes regras respecto a outros países e necesitamos axudas para podernos dixitalizar, estandarizar e ser competitivos doutra maneira, para chegar a ese mesmo prezo, pero con tecnoloxía", demandou Moreira ante os medios de comunicación.

A responsable da agrupación industrial congratulouse do apoio que están a recibir por parte da Xunta, que facilitará 18 millóns de euros nunha liña de axudas para o sector. Demandou o apoio do Goberno nacional, ao que solicitou que "libere os PERTE (proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica) porque non só os grandes construtores fabrican coches".

A conselleira de Industria sinalou que as empresas galegas necesitan que os fondos europeos que "agora ten o Estado" cheguen a elas ou ben á comunidade autónoma para que esta os transfira ás firmas do sector.

Así, lembrou que dos "33.500 millóns de euros do PERTE industrial, o 50 % non están convocados", e instou o Ministerio de Industria que teña en conta á cadea de valor do sector automobilístico en Galicia porque dá traballo "a 18.000 persoas".

Respecto ás axudas de Galicia ao sector, afirmou que na reunión deste venres en CEAGA empezaron a definir as modificacións no FEDER da comunidade autónoma para ter orzamento en 2025 e continuar con novas axudas en anos posteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade