Publícase unha nova imaxe de Aldama na sede do PSOE en Ferraz
Publícase unha nova imaxe de Aldama na sede do PSOE en Ferraz
A fotografía mostra o suposto conseguidor do caso Koldo acompañando a Ábalos nunha reunión con diplomáticos venezolanos
A imaxe, ata o de agora inédita, que saca á luz un diario dixital, recolle a presenza de Víctor de Aldama nunha reunión na sede socialista de Ferraz compartindo mesa co exministro José Luis Ábalos e con enviados diplomáticos do venezolano Juan Guaidó, ademais do asesor Koldo García.
"Que estivo por aí é evidente. Para que ou que fixo é o que está por determinar", di Óscar Puente, Ministro de Transportes.
Dentro do Goberno recoñecen agora a presenza de Aldama na chamada zona nobre da sede do PSOE que antes negara a portavoz do partido. Canda a fotografía de Aldama tamén se publican agora as capturas das supostas conversas entre Koldo García e o número dous da vicepresidenta María Jesús Montero.
"Poño a man no lume por Carlos Moreno", defendía Montero diante do Senado.
Agora di que se defenderá nos tribunais, e dende o Partido Popular apuntan ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
"A ver se está anticipando a defensa ante novos problemas. A ver se o que ten información é el", di Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular.
Ademais, consideran que o Goberno está máis preocupado polo calendario xudicial que por resolver os problemas dos españois.