O ministro Torres afirma que se querelará contra De Aldama por inxurias e calumnias
O ministro Torres afirma que se querelará contra De Aldama por inxurias e calumnias
Torres afirma que, ademais das condenas que vai ter, engadiráselle unha máis polas alusións á súa persoa
O ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, asegurou este mércores que se querelará contra o empresario Víctor de Aldama "por inxurias e calumnias" e que está convencido de que "ademais das condenas que vai ter", engadiráselle unha polas alusións a súa persoa.
En declaracións aos medios en Valencia, o ministro cualificou de "infamia absoluta" as alusións do empresario, Víctor de Aldama, na súa recente declaración no Tribunal Supremo.
De Aldama afirmou en sede xudicial que se viu co ministro Torres en varias ocasións, unha delas nun piso que alugaba en Atocha, onde había "unha serie de señoritas", e que este lle pediu, a través de Koldo García, unha comisión de 50.000 euros por un contrato para a compra de máscaras.
Preguntado polo suplicatorio remitido polo Supremo ao Congreso para o procesamento do exministro e deputado por Valencia, José Luis Ábalos, Torres limitouse a asegurar que "a Xustiza camiñará polo seu leito".
"Todos deberiamos facer o mesmo, a presunción de inocencia é un dereito de todos. Que se chegue ata o final en calquera investigación", engadiu.