Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os números impares, os máis vendidos da lotaría de Nadal

Os números impares, os máis vendidos da lotaría de Nadal

Os números impares son as terminacións que, ano tras ano, seguen triunfando

G24.gal 18/12/2024 14:45

Malia que a venda da lotería de Nadal comezou o pasado mes de xullo, hai quen a deixa para estes últimos días, arriscándose a quedar sen o número que buscan.

"Sempre vai haber alguén que agarde ao último momento para mercar un décimo", di Sonia Vieires, da administración El Búho.

"Eu quería un número que xa mercaba o meu tío no ano 1932, pero xa non o hai".

Os números impares son as terminacións que, ano tras ano, seguen triunfando pero hai tamén quen deixa que traballe o azar, todo para chegar a ser os afortunados o próximo domingo. E todos saben ben en que investirían os cartos.

"Eu gastaría todo".

"Pagar a hipoteca e o resto investilo nalgún negocio".

Pares ou impares, o caso é que este ano, segundo os loteiros, as vendas incrementáronse.

"Segundo a última visita aquí, na miña administración, eu aumentei as vendas entre un 35 e un 38 por cento respecto ao ano pasado", explica Sonia Vieites.

Unha cifra que aínda vai medrar máis, porque a lotaría de Nadal poderá mercarse ata este sábado, 21 de decembro, ás oito da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade