Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin tacha de "total disparate" as declaracións acerca de que Rusia quere atacar Europa

Putin tacha de "total disparate" as declaracións acerca de que Rusia quere atacar Europa

Segundo o presidente ruso, tratan de "intimidar" a poboación

Asegura que é unha "bobada" pensar que van combater coa OTAN, dado que o gasto militar de Occidente é moi superior ao ruso

Advirte de que os cazas F-16 que se enviarán a Ucraína serán considerados obxectivos independentemente do lugar desde onde operen

Encontro de Putin con pilotos militares en Torzhok, na rexión de Tver (Reuters) Encontro de Putin con pilotos militares en Torzhok, na rexión de Tver (Reuters)
G24.gal 28/03/2024 08:29 Última actualización 28/03/2024 09:33

O presidente ruso, Vladimir Putin, cualificou de "total disparate" as declaracións en Occidente acerca de que Rusia, despois de Ucraína, disponse a atacar Europa, nunha reunión na noite do mércores con pilotos militares nas rexións de Tver, ao norte de Moscova.

Segundo o presidente ruso, tratan de "intimidar" a poboación

"O que din acerca de que imos atacar a Europa despois de Ucraína é un total disparate, é unha intimidación da súa poboación, para sacarlle diñeiro", dixo o xefe do Kremlin, citado este xoves polas axencias rusas.

Putin afirmou que "os satélites de Estados Unidos temen a unha Rusia grande e forte", pero asegurou que non teñen motivo para iso.

"Non temos ningunha intención agresiva en relación a eses países", subliñou.

Insistiu en que é un "total disparate" falar da posibilidade de "un ataque outros países, a Polonia, os países bálticos".

O mandatario engadiu que tamén "asustan os checos", para resumir que as declaracións sobre a ameaza rusa son "simples delirios".

Asegura que é unha "bobada" pensar que van combater coa OTAN, dado que o gasto militar de Occidente é moi superior ao ruso

Putin lembrou que en 2022 o gasto militar dos EUA, o líder da OTAN, foi de 811.000 millóns de dólares, mentres que o de Rusia foi de 72.000 millóns.

"Seica con esa correlación imos combater coa OTAN? É unha bobada", dixo.

Advirte de que os cazas F-16 que se enviarán a Ucraína serán considerados obxectivos independentemento do lugar desde onde operen

Ao mesmo tempo, advertiu de que os cazas F-16 que se fornecerán a Ucraína serán considerados "obxectivos lexítimos" independentemente do lugar desde onde operen.

Putin respondeu así á pregunta dun piloto acerca de se a Forza Aérea de Rusia destruirá os F-16 en aeródromos da OTAN se son empregados desde alí por Ucraína. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade