Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quique Domínguez: "Non creo que esta sexa a última temporada de Javi Díaz"

Quique Domínguez: "Non creo que esta sexa a última temporada de Javi Díaz"

O adestrador pontevedrés xogará esta noite ante o Cangas co seu Anaitasuna

Loou a figura do porteiro galego co que foi compañeiro na súa época de xogador no Teucro e ó que adestrou cando dirixía ao Octavio

Espera un bo partido esta noite no Gatañal entre dous equipos que considera moi parellos de estilo e nivel

G24.gal 19/04/2022 22:00

O adestrador pontevedrés de balonmán Quique Domínguez xogou onte 'Ao contraataque'. O actual técnico do Anaitasuna visita esta noite na pista do Cangas e valorou o choque ante o equipo do Morrazo:

"Dous equipos que xogamos un balonmán semellante, moi dinámico e con moito ritmo. Ademais, con moito en xogo, xa que a liga está moi igualada. Ambos equipos necesitamos puntuar algo máis para asegurar a salvación. Cangas ten moi bo equipo. Con xente nova de moito nivel. Que están crecendo e co ilustre e veteranísimo Javi Díaz que lles da moito. Eu xoguei con Javi, adestreino e agora súfroo. Non creo que Javi Díaz se retire. Sempre o di pero aínda non o fará. Sabemos que no Gatañal haberá un gran ambiente esta noite. É bonito porque na Asobal a día de hoxe hai moito pavillón baleiro e gústanos xogar nese tipo de pistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade