Publicador de contidos
Publicador de contidos

A eficacia do Raio Vallecano saca o Rácing da Copa (1-3)

A eficacia do Raio Vallecano saca o Rácing da Copa (1-3)

Un golazo de Pacha Espino na primeira ocasión do partido marcou a eliminatoria

De Frutos estivo letal con dous goles e Álvaro Giménez marcou o gol da honra ao final

G24.gal 03/01/2025 20:03 Última actualización 03/01/2025 20:39

Rematou a aventura do Rácing de Ferrol na Copa do Rei. O Raio Vallecano estivo moito máis eficaz e cunha altísima porcentaxe de acerto conseguiu levar o partido da Malata con relativa facilidade. 

Non se colocaran os equipos no terreo de xogo cando o Pacha Espino conectou un gran lanzamento desde a esquerda que sorprendeu a Yoel. Era o minuto sete e o Rácing tiña que remar contra corrente. O ex do Raio Bebé estivo moi activo tentando moitos lanzamentos e Jáuregi puido empatar nun remate cruzado. Pero foi De Frutos o que marcou o segundo no 35 para un equipo madrileño moi efectivo nos primeiros corenta e cinco minutos. 

O Rácing saiu a por todas na segunda metade pero no 54 o propio Jorge De Frutos atinou a cabecear un centro de Espino á rede e poñer punto e final ás ilusións departamentais. A partir dese intre a prioridade pasou a ser a Liga e pensar no seguinte partido da Segunda División. O Raio tampouco quixo facer máis ferida e conformouse cun pase solvente. Na última xogada do partido Álvaro Giménez marcou o gol da honra que puxo o definitivo 1-3. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos