Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing e o Deportivo neutralízanse (0-0)

O Racing e o Deportivo neutralízanse (0-0)

O colexiado anulou un gol de Héber no primeiro tempo

A mellor ocasión do partido tívoa o visitante Arturo no 76

G24.gal 16/04/2023 19:51 Última actualización 16/04/2023 20:50

Empate sen goles no derbi entre o Racing e o Deportivo que non lle vale a ningún dos dous equipos no seu intento de lograr o ascenso directo. 

Primeiro tempo de moitas precaucións na Malata. Sabían os dous equipos o que estaba en xogo logo da vitoria do Real Madrid Castela e as ocasións houbo que medilas con contagotas. Quiles tivo os dous avisos máis serios para o Deportivo e respondeu o Racing con bos lanzamentos de Héber e Álex López. Houbo dúas xogadas para a polémica: un fóra de xogo dubidoso de Svensson e un gol anulado a Héber por mans previas. 

A segunda parte tivo as mesmas características. Algún bo achegamento departamental protagonizado por Bernal ou Héber. O Deportivo comezou a pisar a área a partir do minuto 70 e gozou da mellor oportunidade de todo o partido nun dobre tiro de Villares e Arturo resolto por Gazzaniga. No engadido foi expulsado por dobre cartón amarelo Raúl Carnero. 

O gran beneficiado da xornada é o Real Madrid Castela, que pasa a ser o novo líder da categoría con catro puntos sobre o Deportivo e seis por riba do Racing, cun partido menos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade