Rafa Nadal e Carlos Alcaraz funcionan no dobre
Rafa Nadal e Carlos Alcaraz funcionan no dobre
Impuxéronse á parella arxentina por 7-6 e 6-4
Carlos Alcaraz e Rafa Nadal amosaron o seu entendemento no partido da primeira eliminatoria de dobres. Derrotaron aos arxentinos González e Molteni por 7-6 e 6-4. Custoulles moito sacar adiante o primeiro set que resolveron no tie break tirando da súa experiencia.
No segundo set conseguiron rachar o servizo dos rivais no noveno xogo e Nadal aguantou o servizo no décimo para lograr a vitoria en dous sets. Foi un día moi intenso para Carlos Alcaraz que xogou dous partidos con apenas catro horas de diferenza.
Alcaraz, pola vía rápida no cadro individual
Na estrea no torneo individual, Alcaraz gozou dun partido moi cómodo ante o descoñecido tenista libanés Hady Habib. Un rival ideal para comezar a competición. Vitoria en dous sets, por 6-3 e 6-1. Puído así Alcaraz aforrar forzas para o que ven. O seu vindeiro rival, xa nos dezaseisavos de final, será o gañador do encontro entre o británico Cameron Norrie e o neerlandés Tallon Griekspoor.