Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Nadal non xogará en Roland Garros e anuncia que se retira en 2024

Rafa Nadal non xogará en Roland Garros e anuncia que se retira en 2024

Quere parar para encarar o seu último ano de carreira deportiva con garantías de poder gozar

G24.gal 18/05/2023 16:12 Última actualización 18/05/2023 16:38

Rafael Nadal anunciou este xoves que non participará na próxima edición do torneo de Ronald Garros, que se xoga entre o 22 de maio e o 11 de xuño e que gañou 14 veces.

"A evolución da lesión que fixen en Australia non foi como me gustaría. Perdín obxectivos polo camiño, e Roland Garros faise imposible. Neste momento non vou poder estar en Roland Garros. Co que é ese torneo para min, podedes imaxinar o difícil que é. Non teño intención de seguir xogando polos seguintes meses", dixo Nadal na súa academia en Manacor.

"É unha decisión do meu corpo. Non vou xogar os seguintes meses. O meu día a día foi dun nivel moi baixo".

Quere parar para encarar o seu último ano de carreira deportiva con garantías de poder gozar.

Nadal sofre unha lesión no psoas da perna esquerda e non xoga torneo algún desde que sentiu a lesión no pasado Aberto de Australia, en xaneiro. Desde entón renunciou a cada campionato que inicialmente tiña previsto.

O tenista español só disputou catro partidos no que vai de 2023. Nadal perdeu a xira polos Estados Unidos, os Masters 1.000 de Indian Wells e Miami e a tempada de terra, entre eles o Masters 1.000 de Montecarlo, o torneo Conde de Godó de Barcelona, o Masters 1.000 de Madrid e o de Roma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos