Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nadal comunicará esta tarde se xoga ou non en Roland Garros e os motivos da súa decisión

Nadal comunicará esta tarde se xoga ou non en Roland Garros e os motivos da súa decisión

A lesión no psoas, da que segue recuperándose, impediulle disputar os torneos de Montecarlo, Barcelona, Madrid e Roma

G24.gal 17/05/2023 19:04 Última actualización 18/05/2023 12:59

Rafael Nadal ofrecerá unha conferencia de prensa este xoves na súa academia de Manacor (Mallorca) para anunciar se xoga ou non o torneo de Roland Garros, do que é actual campión e que gañou en catorce ocasiones, e os motivos que xustifican a súa decisión, segundo confirmou o tenista español nun comunicado.

"Boas tardes. Mañá Rafa Nadal fará unha rolda de prensa na Rafa Nadal Academy by Movistar ás 16 horas. Se xoga ou non Roland Garros será comunicado entón do mesmo xeito que as razóns polas que decide unha cousa ou a outra. Grazas", sinala o texto da nota remitida polo tenista español aos medios de comunicación.

O gañador de 22 títulos de Grand Slams disputou o seu último partido oficial o pasado mes de xaneiro na segunda rolda do Torneo de Australia ante o estadounidense Mackenzie McDonald (perdeu 6-4-6-4 e 7-5), derrota que lle impediu revalidar o seu título de campión do primeiro Gran Slam de 2023. Desde entón, unha lesión no psoas ilíaco, da que segue recuperándose, impediulle disputar este ano os torneos de Montecarlo, Barcelona, Madrid e Roma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos