Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Nadal volve xogar un partido case un ano despois

Rafa Nadal volve xogar un partido case un ano despois

O de Manacor caeu nos dobres do torneo de Brisbane xunto a Marc López

O martes, Nadal comeza no cadro individual contra Dominic Thiem

G24.gal 31/12/2023 18:14

Case un ano despois, por fin volveu ás pistas Rafa Nadal, que disputara os seus últimos partidos no Open de Australia deste 2023.

O balear estreouse no torneo de Brisbane cunha derrota en dobres, facendo parella con Marc López. Perderon en dous sets cos australianos Purcell e Thompson, 6-4 e 6-4. Pero non importou. O importante, para Nadal, era volver coller sensacións, nun lugar no que se atopa cómodo.

O martes, Rafa Nadal xoga no cadro individual contra Dominic Thiem.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade