Cargando resultados...
Ramón Pinheiro: "Os que comezaron a tocar a zanfona nos 70 eran uns auténticos exploradores"
Ramón Pinheiro: "Os que comezaron a tocar a zanfona nos 70 eran uns auténticos exploradores"
'Na procura do son perdido' relata o proceso de recuperación da zanfona como parte da construción dunha nova identidade musical galega
O documental reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980
G24.gal
21/10/2024 16:37
Última actualización 21/10/2024 16:48
"A min emborráchame tocar a zanfona... leva á melancolia máis que á tristeza, á melancolía... ao ensoño". Así fala Xosé Luís Rivas, Mini, da súa relación con este instrumento que, desde os anos 70 reapareceu con forza na música galega.
Hoxe falamos da zanfona desde o documental 'Na procura do son perdido' da Central Folque dirixido por Ramón Pinheiro.