Raquel Carrera e Paula Ginzo entran na lista definitiva para o Eurobásket
Raquel Carrera e Paula Ginzo entran na lista definitiva para o Eurobásket
O galego Miguel Méndez fixo os últimos descartes antes de afrontar a competición que comeza este xoves en Israel e Eslovenia
O galego Miguel Méndez deu a lista definitiva de xogadoras que estarán no Eurobásket de Israel e Eslovenia, que principia este xoves. Na mesma confirmou a presenza das dúas galegas que estaban desde o principio: Raquel Carrera e Paula Ginzo.
Silvia Domínguez, Maite Cazorla, Cristina Ouviña, Leonor Rodríguez, Queralt Casas, Laura Quevedo, María Conde, Alba Torrens, Paula Ginzo, Laura Gil, Raquel Carrera y Lola Pendande son as 12 elixidas logo da preparación e da xira de partidos que rematou cun balance de cinco vitorias e unha derrota.
No último amigable, xogado diante de Hungría, chegou a única derrota da selección española. Tanto Carrera (9 puntos, 4 rebotes) como Ginzo (8 puntos e 4 reboes) fixeron un bo partido pero non foi dabondo para que España puidese lograr o triunfo (77-65).