Recital do Pontevedra no campo do Zamora (0-4)
Recital do Pontevedra no campo do Zamora (0-4)
Os de Yago Iglesias asoballaron o líder da categoría, que viña de gañar todos os partidos e non recibira ningún tanto
O Pontevedra deu un golpe de autoridade no campo do Zamora, onde gañou por 0-4. Os locais chegaban como líderes, logo de gañaren todos os partidos, e aínda non recibiran ningún gol.
Yago Iglesias, adestrador do Zamora a última temporada e media, botou o equipo para arriba e cun fútbol combinativo e preciosista logrou unha vitoria inapelable. Yelko marcou cando só se levaban 13 minutos cunha fermosa chilena.
Unha xogada de Álex González pola esquerda culminouna Dalisson antes do descanso, e na segunda parte foi Rufo o que rematou á rede o centro de Chiqui. O Zamora estaba contra as cordas e acabou recibindo un cuarto gol nunha grande acción individual de Álex González.
O Pontevedra aséntase no segundo posto e cuns espectaculares vinte goles marcados en sete xornadas.