Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra continúa de doce cunha goleada en Laredo (0-3)

O Pontevedra continúa de doce cunha goleada en Laredo (0-3)

Golazo de falta de Dalisson para abrir o camiño da vitoria

G24.gal 07/12/2024 20:55

O Pontevedra continúa no primeiro posto da Segunda Federación e amosando un estado de forma espectacular. Despois de eliminar o Vilarreal na Copa non se despistou o máis mínimo no campo dun Laredo en postos de descenso. 

Todo é máis doado con xogadores da calidade de Dalisson que abriu o camiño da vitoria cun golazo de falta directa. Antes do descanso e logo dunha gran xogada combinativa Álex González puxo o segundo. O partido quedaba case decidido diante da nula capacidade de resposta dos cántabros. E nun erro monumental do porteiro local Charly marcou o definitivo 0-3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar