Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os candidatos á presidencia adaptan a nova aritmética ás súas estratexias

G24.gal 30/07/2023 08:59 Última actualización 30/07/2023 09:31

Á espera de que o escrutinio xeral confirme que o PP obtivo un escano máis en Madrid e alcanza os 137 deputados, os candidatos á presidencia do Goberno adaptan a nova aritmética parlamentaria ás súas estratexias.

Mentres Alberto Núñez Feijóo confía en ir a unha investidura co apoio de 172 deputados, Pedro Sánchez mételle presión a Junts para se sumar cun voto afirmativo ao bloque da esquerda.

En Moncloa son conscientes de que o reconto do voto exterior engade unha dificultade á hora de tentar repetir a investidura do candidato socialista. Porén, trasladan a mensaxe de que non hai présa.

O escrutinio das papeletas do CERA tamén muda o talante dos populares que agora se amosan dispostos a falar coa formación de Puigdemont, sempre que sexa "no marco da Constitución".

"Sen presión"

Pola súa banda, o expresidente da Generalitat advertiulle a Sánchez que só contará cos seus votos si alcanzan un acordo sobre o "conflito catalán" nunha negociación "sen presión" nin "chantaxe política".

Esta semana comeza a entrega de credenciais no Parlamento das persoas elixidas nas últimas eleccións xerais. Tamén se inician os trámites habituais, como a declaración de actividades ou as fichas que deben facer para a XV Lexislatura, que abrirá o 17 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade