Publicador de contidos
Publicador de contidos

O "bico non consentido" de Rubiales a Hermoso tras gañar o Mundial feminino

O "bico non consentido" de Rubiales a Hermoso tras gañar o Mundial feminino

A xogadora deixa o caso en mans do seu sindicato, que esixe medidas exemplares á Federación

A xogadora responde nun comunicado que non houbo consentimento e que se sentiu vítima dunha agresión, e acaba presentando unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado

G24.gal 03/02/2025 12:41

20 de agosto de 2023. A Selección española de Fútbol gaña o Mundial feminino.
As xogadoras celebran e no acto de entrega de medallas pasa isto: Rubiales agarra a Jenni Hermoso e dálle un bico na boca. Co asunto nas redes sociais, o presidente da Federación réstalle importancia e de volta a España recoñece que se equivocou. 

A xogadora deixa o caso nas mans do seu sindicato, que esixe medidas exemplares á Federación. A que actúa e a FIFA e abre expediente a Rubiales. Dende o Goberno cualifican de inaceptable o seu comportamento, e cando se dá por feita a súa saída anuncia que non dimite e asegura que o bico "foi consentido".

A xogadora responde nun comunicado que non houbo consentimento e que se sentiu vítima dunha agresión, e acaba presentando unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado. A FIFA inhabilita a Rubiales e acaba dimitindo o dez de setembro.

Despois de preto de oito meses de investigación, o xuíz concluíu que había indicios sólidos para afirmar que o bico non foi consentido e que se trataba dunha iniciativa unilateral e sorpresiva do daquela xefe, pola súa condición de presidente, de Jenni Hermoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade