Refachos de vento de ata 120 km/h rexistrados no municipio de Viveiro

A costa de Lugo permanece en aviso amarelo por forte vento e precipitacións

Cuntis rexistrou a maior cantidade de precipitacións de Galicia

G24.gal 11/11/2023 19:24

Na tarde deste sábado rexistráronse refachos de vento de case 120 quilómetros por hora na costa do municipio lugués de Viveiro, zona que se atopa en aviso amarelo por precipitacións.

Segundo avisan os medidores de Meteogalicia, o interior da provincia de Pontevedra é a zona que máis auga recolleu nesta xornada, con 56,3 litros por metro cadrado na localidade de Cuntis.

En canto ao vento, a costa de Lugo mantén o aviso amarelo. A estación que se atopa no alto viveirense de Penedo do Galo chegou a captar un refacho máximo de 118 km/h. Outras zonas que tamén rexistraron ventos de grande intensidade, de ata 90 km/h, son A Pontenova, Cervantes e Baleira, en Lugo; Vimianzo, na Coruña, ou Cuntis, en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade