Nadal derrota a Djokovic nunha batalla épica
Nadal derrota a Djokovic nunha batalla épica
O balear gaña nun duelo de mestres en catro sets (6-2, 4-6, 6-2, 7-6)
Xogará en semifinais con Zverev, que eliminou a Carlos Alcaraz
Rafa Nadal e Novak Djokovic escribiron outra páxina máis da súa mítica rivalidade. Como case sempre sobre a terra batida de Roland Garros o gañador foi Nadal, que se mantén firme no seu camiño cara ao 14º título.
Nadal gañou por 6-2, 4-6, 6-2 e 7-6 nun partido épico culminado cun cuarto set incrible. Nadal estaba perdido con 2-5 pero conseguiu remontar e levalo nun tie break para a lembranza. Foron catro horas de loita no que podía ser o último partido de Nadal en París. Pero o "rei da terra" non estaba disposto a marchar tan cedo e agora verase con Zverev pelexando por un posto na final.
Zverev derrotou a un Carlos Alcaraz para o que rematou a aventura nos cuartos de final. O alemán superou o murciano en catro sets (6-4, 6-4, 4-6 e 7-6). Alcaraz tivo un punto no cuarto set para levar o partido ao quinto pero Zverev aguantou o momento crítico e impuxo a súa experiencia no "tie break". Os erros non forzados (56 de Alcaraz por 34 do seu rival) castigaron o tenista español que quedou ás portas das semifinais.